Para o cambio cómpre dar a abatalla

Neste 2019 é un ano onde nos xogamos moito se queremos que muden as cousas de xeito significativo e cara a positividade. Un 2019 onde a batalla falando desde o punto de vista electoral, está nos concellos e na UE. Unha vez máis o inimigo a bater é o PP que na Galiza, amosase como unha autentica máquina electoral. Un PP o cal, no noso pais, ten un incrible poder de penetración na sociedade, froito dos anos do franquismo e destes corenta anos de autonomía. Un poder que en vez de usalo pra facer país o está a utilizar pra todo o contrario; pra desfacelo. 
Mais neste ano estase a ver a autentica faciana da dereita española. Un PP que non se corta en pactar coa ultradereita e despois presumir de partido de centro e de democrático. Ha que sinalar, que en Suecia e demais países europeos a dereita, a diferencia de España, con forte tradición democrática, aliouse coas demais forzas políticas pra non permitir que o fanatismo toque poder. Cabe sinalar o que estes descerebrados de Vox dixeron nun mitin “que ían encher as cunetas de España de nacionalistas” algo que pra o poder xudicial do estado español, pasou totalmente desapercibido. 
Mais si ti dis nunha rede social que “avoa do rei era a que primeira lle vía os collóns ao toro na praza” que “o primeiro campión mundial español es salto de altura foi Carrero Blanco” ou que “o que os renos de Santa Klaus son todos uns don ninguén, ao lado da cornamenta de Felipe VI” si calquera persoa di isto repito, pode ter serios problemas coa xustiza española.
Porque vivimos nun momento onde as augas están moi revoltas e xa o din o refrán; que nestes casos os que gañan son os pescadores. Soamente fai falla por a primeira horas da maña a radio e escoitar as diferentes emisores relacionadas coa dereita, como por exemplo a COPE, pra que un saia a rúa con ganas de andar a paus co primeiro que pase. Un “periodismo” que manipula, minte e inventa (podía seguir numerando) co único fin, de crispar a sociedade e por en contra, fundamentalmente do nacionalismo, ao resto da sociedade.
Mais volvendo ao tema das eleccións locais e centrando nos na Galiza, é fulcral que o nacionalismo e refírome ao BNG, o cal non gusta aos do Ibex 35 e xa veremos se non nos volve a crecer algún anano, ten que ser claro no seu mensaxe. Un mensaxe que ten que deixar ben claro que o proxecto de país ,o proxecto pra Ferrol ou pra súa comarca que temos no BNG levará tempo. Como levou por exemplo en Pontevedra, Allariz, San Sadurniño ect... lugares de referencia na Galiza e no mundo.
Porque aquí no Ferrol os problemas son serios e agudos, xa que estamos camiño de que a cidade esmoreza por completo. A sangría de perdida de poboación de xente moza en idade de formar as súas vidas, con todo o que isto significa cara a economía da urbe, está a por en serio risco a Ferrol. Porque fai máis de vinte anos Francisco Rodríguez, un dos referentes vivo do BNG, xa advertía no congreso dos deputados, de que Ferrol, non podía permitirse ter os estaleiros de Fene de xeito ocioso.
Un Ferrol que vai a deriva e sen rumbo e non quero que se me acuse de ser pesimista, mais a realidade é a que é. Soamente ha que baixar ao centro da cidade e mirar como están cada vez máis e máis locais comerciais, os cales vai anos eran balbordo de xente e que agora están co cartel de alugase, pra darse conta do que estou a escribir. Porque Ferrol esta en crise desde a mal chamada reconversión (a palabra exacta e desmantelamento) do sector naval e agora empezamos a ver as tremendas consecuencias. Mais esta derradeira crise do capitalismo, vino a dar a puntilla, aínda que son as políticas adoptadas polo PP da Galiza, as que están a machacar a cidade. 
Unhas políticas centradas en parar o déficit publico e que fixeron todo o contrario, facendo que Galiza este terribelmente endebedada. Un endebedamento que non foi pra crear emprego e deste xeito recuperar os cartos no consumo, vía impostos, senón que foi pra todo o contrario. Centos de persoas na cidade e milleiros no país perderon seus postos de traballo no sector público e privado, como por exemplo Uxia, mestra nun colexio que se deixaba a pel pra educar e transmitir o coñecemento as xeración vindeiras, ou Ana, médica no SERGAS que pelexaba día a día por devolverlle a saúde a ducias de persoas, ou Xan, administrativo na Xunta que no seu tempo libre colaboraba coa igrexa de base na súa parroquia, pra facer un pouco mais levadía a vida dos que levan toda a súa existencia en crise. Porque estes son as xentes que pagaron as políticas do PP na Galiza de constrinxir o gasto. Estes son os que o Feixoo denominou funcionarias que sobraban na administración. Funcionarias como el di, que en moitos casos no tiveron mais remedios que ir aos comedores sociais pra poder comer. Todo gracias as políticas de control do gasto publico impulsadas polo discípulo avantaxado de Raxoi o señor Feixoo e que soamente serviron pra endebedar Galiza a límites xamais vistos.
Porque isto tamén zurrou a nosa cidade e fixo que a crise a que estabamos sometidos agudizarase.
Por todo isto, compre que as galegaos, as ferrolás e os ferroláns, tomemos conciencia e saibamos discernir cales son as raíces verdadeiras dos nosos problemas, pra nestes comicios que se aveciñan, escollamos as que con acertos mais tamén seguramente con algún erro (algo ao que nos tamén temos dereito) intentan levantar esta cidade, intentan levantar o noso gran país. Un país rico é prospero si se quer, que non se merece estar sometido as políticas nefastas do centralismo español e os seus monicreques galegos. E pra isto é fulcral que recruamos a batalla que sigamos cavando trincheiras, falando claro está desde o punto de vista da pedagoxía pra poder chegar cada vez a máis xente. 
Pra isto é necesario que todas nos, poñamos nosa sustancia gris e branca a traballar, deixando de lado os nosos egos( algo moi humano) e nos poñamos a traballar repito, en beneficio de Ferrol, en beneficio da comarca, en beneficio do país, en definitiva, en beneficio das galegas-os

Para o cambio cómpre dar a abatalla

Te puede interesar