Bicicleta. Si, grazas

Fai uns días, o máximo responsábel científico do goberno dos EUA, declaraba que a pandemia estaba fora de control nos EEUU e que non sabían que facer para atallar o alto número de contaxios e mortes. Pola contra na Cuba comunista, onde os dirixentes do PCC almorzan bebes e cometen as súas atrocidades a primeiras horas da maña, declaraban que van ter que levar a terceiros países a fase ultima de proba da súa propia vacina, xa que, a baixa incidencia da Covid -19 en Cuba, grazas as medidas de control e sanitarias tomadas polas autoridades, fan imposíbel facer esta fase no país e obter resultados que non estean nesgados. Ao final os EUA, os cales nos teñen acostumados a que pensemos neles, como os salvadores de calquera mal que afecte ao planeta e a raza humana, pois so salvan a humanidade como era de esperar nas películas.

A ONU pola contra tamén esta a avisar de que estamos nunha encrucillada, onde nós o 20% da humanidade o cambiamos as nosas costumes de vida ou con certeza viran novas pandemias, as cales, con toda probabilidade van ser máis virulentas e mortíferas.

E unha bo xeito de intentar mitigar o kaos climático ao que estamos a someter ao planeta, é mudando a nosa mobilidade cara a un transporte sustentábel medio ambientalmente e moito máis saudábel física e psicoloxicamente, como por exemplo movernos en Bicicleta. A bicicleta é o transporte máis eficiente desde o punto de vista enerxético (toda a enerxía que metemos en cada pedalada, case o 100x100 transformase en movemento) ademais de ser o máis efectivo en distancias de non máis de 5 km nas cidades. Xunto a isto, non necesita grandes gastos de mantemento aínda que hai que facelo, dependendo dos Km que fagas e a clase de bicicleta que teñas ( entre 1.500-2.500km). Máis é sobre todo e un transporte limpo ambientalmente.

Cómpre sinalar, que este xeito de movernos tamén trae grandes beneficios corporais. Na Alemaña xa fai máis de 30 anos, que a determinados pacientes oncolóxicos, recoméndaselles moverse en bicicleta, xa que, ao implicar grandes grupos musculares comprobouse, que favorecía a produción de defensas no organismo, as cales, loitaban contra o cancro. Xunto a isto, movernos en bicicleta no noso día a día, trae consigo beneficios psicolóxicos, xa que, favorece o descanso, protexernos de parecer ansiedade e depresión, debido a que é un xeito de mobilidade altamente antiestresante.

Poderiamos falar tamén de que prevén a diabetes, as enfermidades cardíacas e un longo etecétera. Máis este ano que empeza, intentemos facer o esforzo e poñámonos como obxectivo, mudar a nosa mobilidade, onde o coche ou a moto queden aparcados no garaxe no noso discorrer diario. Porque ao final, o que estaremos a facer, non so é mellorar a nosa saúde, senón que, conseguiremos deixar un planeta menos tocado ambientalmente, as nosas fillas e sobre todo as nosas netas, as cales con certeza, serán as que sofran as verdadeira consecuencias deste kaos medioambiental, ao que estamos a levar a nosa Terra nai.

Bicicleta. Si, grazas

Te puede interesar