A elas afecéctalle máis

A covid-19 esta a demostrar, que aínda que a maior parte de mortes son de homes, as mulleres estalles a afectar de xeito diferente e máis profundo. A violencia de xénero con certeza agravouse, xa que, co confinamento e as medidas de restrición de movemento, moitas mulleres están sendo obrigadas a vivir co maltratador todo o tempo e sen posibilidade en moitos casos de pedir axuda, debido a que en moitos países, incluídos os europeos, co confinamento pecháronse tamén, estes servizos de auxilio a muller.

Máis tamén a Covid-19 está a facer ferida no colectivo feminino, xa que, esta fornecendo o rol da muller coidadora. Cabe destacar que as mulleres representan o 70% da forza social e de traballo, xunto que en moitos segmentos laborais teñen unha maior presenza. Sectores como a hostalaría, comercio, a limpeza etcétera son traballos feminizados na súa maioría, co cal, ao estar estes sectores pechados, xunto co peche dos colexios, fai que as mulleres estean na casa ocupándose dos cuidados e do fogar. Ademais estas mulleres en moitos casos, ao estar a traballar sen papeis, esta a facer que creza a súa dependencia do home, aumentando as tensións na familia e poñendo en risco a saúde física e psicolóxica das propias  mulleres e nenas.

Tamén compre sinalar, que moitos países tiveron que mobilizar a maior parte dos seus recursos sobre todo sanitarios cara a pandemia, co cal, debilitáronse moitos servizos de saúde sexual e reprodutiva, os cales, son absolutamente necesarios para as mulleres, xa que, mulleres e nenas necesitan seguir usando os métodos anticonceptivos e os servizos de saúde menstrual e da saúde materna. Este abandono por parte das autoridades, con certeza trouxo consigo un aumento dos embarazos non desexados, xunto tamén, con un aumento dos abortos que en moitos países se fan, fora dos círculos da sanidade, poñendo en alto risco a vida das mulleres e nenas, ademais de ter tamén un aumento das enfermidades de carácter sexual e das enfermidades neo-natais.

Xa para rematar, as mulleres coa pandemia demostrouse, que son co seu traballo esenciais par ao funcionamento da sociedade, xa que elas son na súa maioría as profesionais sanitarias, as dependentas nos supermercados e comercios, as traballadoras no sector administrativo etcétera, sen as cales o sistema coa Covid-19 houbese estoupado.

 Por todo isto é fulcral, que as mulleres estean nos postos mais altos da dirección das nosas sociedades, aportando a visión que elas teñen da sociedade e os seus problemas, para deste xeito, ante as próximas crises sexan estas sanitarias ou de outra índole, teñamos outra visión coa que nos poderemos enfrontar con toda seguridade de xeito máis atinado.

“Eu non desexo que as mulleres teñan poder sobre os homes, senón sobre elas mesmas”. Mari Wollstonecraft (escritora e pioneira do feminismo)

A elas afecéctalle máis

Te puede interesar