Abrir a mente

s derradeiras investigacións sobre o Covid-19, conclúen, que o uso do tapa bocas ademais de evitar que se estas enferma o contaxies, demostran tamén, que se contaxiaste a entrada de carga viral é menor, co cal, estase a comprobar que as infectadas teñen menos síntomas e mellor desenvolvemento da enfermidade. Ademais se te contaxias levando o tapa bocas estes estudos finalizan, que tes preto dun 90% de probabilidades de ser asintomática. 
En todo caso, aínda que estas investigacións teñen que replicarse noutros países, confirmando as conclusións, a loita contra o Covid-19 nom pasa so polo uso do tapa bocas. O distanciamento físico, o confinamento e outra medidas de hixiene, son hoxe por hoxe imprescindíbeis, para frear a pandemia.
Mais a aparición deste virus, supuxo para moitos sectores, o golpe definitivo. Un deles o sector cultural, concretamente o sector do libro . Un sector ao que o virus supúxolle unhas perdidas de 1.600 millóns de € no estado español, en toda a súa cadea, con unhas perdas de venta nas semanas do confinamento de preto do 80%.
Aqui na Galiza, unha parte importante do sector nestes momentos está a punto de desaparecer, co cal, a cultura galega está en serio risco. Desde autoras, librarías, imprentas, editoriais todas están a sufrir unha crise sen precendentes e onde o futuro que se ve vir nom é nada alagueño. As perdas para este sector este ano, segundo os estudos, rondarían preto do 30-40% na Galiza.
Por todo isto, cómpre que a cidadanía volva a mercar libros nas pequenas librarías, onde con certeza, poden atopar multitude de temas de todo tipo, a diferenza das grandes superficies, onde os libros que ofrecen son os que interesan ao sistema e certa clase de publicacións, que nos ensinan a ser e a ver con capacidade critica este modelo social, no son nada doados de atopar e mercar nestes establecementos.
E indubidábel que aquí no Ferrol librarías como a Central Librera onde o trato e o asesoramento é maiúsculo e acadanche incluso se poden no mercado da segunda mano calquera libro, librarías como Limiar en ultramar, onde nos seus escaparates podes encontrar desde o derradeiro compendio das Matemáticas, ata libros como “As contas que nos contan” do economista e intelectual Pepe Díaz son un luxo para a nosa cidade de Ferrol. 
 Máis é fulcral que agora que vai empezar o curso escolar, as axudas locais e da Xunta, para a compra do material escolar por parte das familias, estas teñan que trocarse nas pequenas librarías. Con certeza isto suporalles un respiro. 
A lectura ten a capacidade, de evadirnos do momento e ten a capacidade de abrir as mentes e sobre todo facernos pensar. É fulcral educar as nosas crianzas na lectura e como dicía un anuncio fai anos do ministerio de cultura “Si ti lees, elas leen”

Abrir a mente

Te puede interesar