miércoles 20.11.2019

Este 10-N meu apoio a Galiza, meu apoio a Ferrolterra

ai uns días estaba a ver un vídeo sobre o nacionalismo en Galiza, o cal centrabase na figura dun dos grandes intelectuais e lideres do BNG; refírome a Bautista Álvarez. No vídeo aparecía dando un discurso as masas e un que estaba a velo, non puido máis que emocionarse, ao ver aquel home como con os seus xestos, a súa voz, a forza do seu discurso, saíalle do mais profundo do seu ser, en forma de denuncia esgazada, do que estaba a suceder a Galiza, ao seu proletariado, as súas labregas-os, as súas pequenas burguesas-es co beneplácito das autoridades da Galiza.
Case 40 anos despois, aquel discurso non so é plenamente válido senón que, a situación de emerxencia que esta a sufrir a nosa terra, empeorou notablemente, por culpa dos mesmos xestores (refírome desde o punto de vista ideolóxico) que había fai eses 40 anos.
Porque Galiza esta desangrándose. Esta a desangrarse por exemplo no demográfico, con unha perda de poboación desde fai décadas, algo que estamos a comprobar na nosa comarca. Comarca na que xa se sabe, que a perda brutal de mozas-os que estamos a sufrir, so poderá ser salvada, coas persoas migrantes.  Porque os que se foron, a maioría  non van volver e aínda que fomentasemos con políticas serias a natalidade e cando digo serias, refírome a políticas como as que se tomaron nos países nórdicos, concretamente es Suecia, xa polos anos 80 e non as políticas do Sr Rey Varela, seguiría sen ser posíbel a recuperación demográfica sen os migrantes. Máis isto non so estamolo a sufrir en Ferrolterra ou no resto das cidades galegas. Estamolo a sufrir tamén no noso rural. Un rural que esmorece por culpa das políticas do PP na Galiza o cal, esta a seguir as consignas que ditanlle desde a capital do imperio español. Estas políticas están a facer que a Galiza rural, este despoboandose para así ser pasto do eucalipto, arbore que o que menos lle gusta, é ter testemuñas da súa desproporcionada e incluso compre dicir, incontrolada expansión.
Ademais de o problema demográfico, problema que é unha bomba de reloxería para a nosa terra, no día a día das galegas-os atopamonos con problemas na sector da sanidade, no sector da educación, no sector das políticas sociais ect... Máis un dos problemas fundamentais que ten o noso país e que agora é un tema que se respira no ambiente, é o tema da industria. 
É indubidábel que estamos a porta do que moitos intelectuais denominan colapso ambiental, debido ao pésimo modelo de desenvolvemento das nosas sociedades, baseado entre outros factores na queima de combustíbeis fósiles. É certo que calquera partido político a diferencia das organizacións ecoloxistas, teñen que atender, proporcionar e resolver as súas poboacións, outros problemas ademais do cuidado de medio ambiente. Isto trouxo consigo que a falta de miras, o pensar no momento é dicir, ser cortoplacista, ademais de que a referencia pra medir o crecemento económico (PIB) fose totalmente contrario ao cuidado da natureza, trouxo esta desfeita.
Conto isto porque Galiza é unha das zonas do imperio español menos industrializadas mais ao mesmo tempo, soportamos parte da industria máis contaminante do estado español. Desde Alcoa, Meirama, Endesa, Repsol e Ferrolatlantica son industrias que converteron a Galiza, lideres na emisión de certas partículas altamente tóxicas, ademais de ser lesivas pra o medio ambiente non so xeral, senón alí nas zonas onde se asentan. Ao mesmo tempo, estas 5 industrias, son industrias claves non so polo que producen, senón pola inxente cantidade de beneficios que xeran co cal, teñen un peso moi importante na economía do estado español (non na galega a pesar do desfeita do noso medio ambiente e da saúde das pessoas). Tamén cabe sinalar, que alí onde se instalaron, son pezas claves nas economías locais, pola cantidade de empregos polo xeral ben remunerados, que crearon, producindo unha dependencia no desenvolvemento da vida quer presente quer futura desas localidades.
Máis concretando no problema que temos nesta comarca, nas Pontes (Endesa), co fin da queima de carbón e todo o que supón en perdida de postos de traballo, cabe dicir, que as elites políticas e financeiras de España, xa  sabían posiblemente do peche desta parte da enerxética, desde  fai varias decenas de anos e a pesar diso, seguiuse enganando a xente por medio dos medios de comunicación epor boca dos políticos de turno, falando das inversións millonarias para dotar de tecnoloxía a central e que deste xeito, puidese seguir traballando. Nin que dicir ten, que hoxe por hoxe, o CO2 é imposíbel capturalo, co cal repito as autoridades españolas e os seus monicreques galegos tomaronnos o pelo, esperando hasta o ultimo momento para comunicar o fin da queima de carbón nas Pontes. 
Máis compre sinalar, que o peche desta central, non é baseado en criterios ambientais, como ben denuncia o BNG xa que, en España van seguir funcionando unhas cantas centrais deste tipo, as cales contaminan máis que a das Pontes. 
En definitiva Galiza segue a ser, para as forzas políticas españolas, a moeda de cambio a utilizar cando eles consideren, para salvar outras zonas do estado español. Para eles as galegas-os non somos mais que panos de mans  de usar e tirar segundo decidan os poderes madrileños máis iso si, veñen a pedirnos os votos disfrazados de cordeiros.  
Nin que dicir ten que hoxe máis que nunca necesitamos que o nacionalismo galego este presente en Madrid, con xente que coñeza as causas dos problemas reais deste pais. Xente como Nestor Rego o cal, con certeza vai esixir con firmeza outro modelo de financiamento no lesivo para os intereses das galegas-os. Vai esixir inversións do estado o cal, ten a obriga de aplicar a discriminación positiva nestas comarcas, que tantos beneficios xeraron en Madrid, a costa de destruír os seus ecosistemas, de sufrir de xeito directo na saúde das persoas o efecto da contaminación, de acabar cos seus recursos naturais ect...
Por todo isto este 10-N eu con Galiza, eu con Ferrolterra. Este 10-n eu vou votar BNG.

Este 10-N meu apoio a Galiza, meu apoio a Ferrolterra
Comentarios