Programa de mínimos ou novas eleccións

odo indica que Pedro Sánchez coida que as mellores opcións son, ou un acordo con Podemos exclusivamente no programa, ou a unha nova convocatoria electoral, xa que as enquisas danlle un aumento de representación. Avala esta estratexia, a escenificacion destes últimos meses reuníndose con diversos colectivos sociais e sectores económicos para elaborar un “programa progresista”, mentres que non realizaba ningún contacto cos partidos políticos. Ademais, como parte deste relato, seguía incidindo en que o PP e Ciudadanos debíanse abster por responsabilidade, co obxectivo de apañar votos de centro dos desconformes polo pacto que estes partidos fixeron coa estrema dereita. Aínda que non está claro que desta volta funcione o medo a VOX en beneficio do PSOE.
O camiño que escolleu o PSOE non é a vía portuguesa, xa que no país irmán o PCP e o Bloco non querían formar parte do Goberno. É verdade que o acordo permitiu levar adiante medidas positivas, como un aumento importante do salario mínimo, porén non se pode obviar os incumprimentos. Como que non se recuperase a ultra-actividade nos convenios, e non se actualizasen completamente os salarios dos profesores grazas ao apoio da dereita. Rexeitará o PSOE a coaligazón con UP para tamén facer acordos á esquerda e á dereita segundo o tema? 
É unha mala escusa utilizar os choques entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias para xustificar a imposibilidade de formar unha coaligazón. Se as desavinzas persoais fosen un impedimento non habería partidos, nen organizacións sociais. E estas mesmas forzas non houbesen pactado en tantos concellos e autonomías. A diferencia está en que as comunidades autónomas non teñen ningunha competencia que afecte estratexicamente o sistémica, e carecen de capacidade no eido internacional. 
Polo tanto, todo amosa que as razóns para a confrontación neste caso son máis de fondo, e que se cadra mesmo foron parte das conversas con Macron e Merkel. Algún dos/as ministras dixérono con claridade, vanse tratar temas no Goberno moi delicados, ou sexa, que non poden ser compartidos coa sociedade, e por se non abondase está a diverxencia respecto dun referendo para Cataluña. As desconfianzas están nestas cuestións, por máis que UP asegurase, dando pasos atrás, que o de Cataluña deixábano conxelado, e que eles serían respectuosos cos acordos de Goberno. 
O esencial desta confrontación, e dunhas novas eleccións, é se beneficia en algo as esixencias das clases populares. Non semella, máxime cando súas reclamacións non están no centro de atención. 

Programa de mínimos ou novas eleccións

Te puede interesar