As pensións, máis que unha protesta puntual

 
E non só a quen perciben algún tipo de pensión pública, senón tamén a aqueles que deberían recibilas no futuro. Lembremos que nunha gran parte das familias, as pensións serven para axudar a fillos/as e netos/as, ou pola contra, estes axudan a pais e nais, avós e avoas. Malia todos os intentos de fragmentar a sociedade, moitas familias socializan os ingresos, e son o primeiro e máis importante chanzo de solidariedade. 
É evidente que existe un trato distinto cando se trata das pensións que cando o tema afecta á banca, exército,  xuíces, ou á policía e garda civil, e outros estamentos moi ligados ao poder. O aumento do 25% dos salarios destes últimos, despois dunhas poucas protestas, contrasta coa actitude pechada respecto das pensións, malia que os importes totais sexan moi semellantes. Igual comportamento existe contra outras reivindicacións da clase traballadora.
Máis sutís son as medidas que se toman para privatizar as pensións, reducindo os ingresos das públicas ao mínimo. Tamén é esencial entender a interdependencia destas cos salarios. Máxime cando se forza unha tendencia á baixa destes últimos, en beneficio das corporacións e grandes fortunas, coa escusa da competitividade exterior. 
Tampouco é verdade que seguirá a medrar a idade media de vida. Hai estudos moi recentes en Francia, que cuestionan esta hipótese. Aínda sendo así, o crecemento da produtividade debería permitir rebaixar a xornada laboral, diminuír o desemprego e aumentar os salarios (e polo tanto as cotas á Seguridade Social).  
En resumo, a postura que mantén o Goberno central a respecto das pensións está subordinada aos intereses das grandes corporacións, que de todo queren facer negocio. Asemade, a maior parte dos países da nosa contorna, incluíndo Portugal, teñen un gasto de pensións en relación ao PIB moi superior.
As mobilizacións do 15 de marzo convocadas pola CIG e as do 17 por CC.OO, UGT e outras entidades, amosaron que existe un gran descontente social, polo que as protestas iran a máis. A CIG fixo unha proposta de folga xeral ás outras centrais. Que responderán? Por se non abondase, unha grande parte destes pensionistas foron persoas que participaron na loita contra o franquismo e para forzar reformas na transición. Ficamos nunha conxuntura complexa, no centro dun debate de modelo, con todo o que implica. 

As pensións, máis que unha protesta puntual

Te puede interesar