O Estado en entredito

Gramsci tiña unha caracterización do Estado máis ampla que o utilizada hoxe, onde este concepto redúcese aos poderes executivo e lexislativo. O intelectual sardo entendía como parte do Estado, e polo tanto dos mecanismos que contaba para realizar as súas políticas, ao conxunto do aparello que del dependía. Daquela que sumase outras institucións, como a xudicial, policial, o ensino, medios de información, etc. 
A lóxica do relato neoliberal foi impoñendo a concepción de que tanto o poder xudicial como outras institucións estaban á marxe da política e do debate ideolóxico, e que a confrontación de intereses ficaba reducida ás que eran elixidas por voto popular. 
Porén, feitos de tanta relevancia, como o conflito catalán, e a corrupción político-empresarial, amosan que esta concepción carece de fundamento. Gransci facía unha lectura axeitada da cuestión. 
Nen o poder xudicial esta á marxe da loita ideolóxica, xa que incide a composición política do poder executivo e lexislativo, nen a policía, exército, o ensino, os medios públicos, e outras institucións que forman parte do aparello do Estado son amorfas. 
Por iso, dado que a correlación de forzas no ámbito político é complexa, e o futuro non está claro, é preocupante que o poder xudicial invada ámbitos que corresponden á soberanía popular e seus organismos de representación. Faino para ditar regras de xogo e facer interpretacións que van para alén das súas funcións. 
Por exemplo, respecto da presunta rebelión en Cataluña, dando un trato distinto a empresarios e cargos públicos nos casos de corrupción. Tamén chama a atención a lóxica que se aplica respecto da obtención dos másteres e títulos universitarios, onde hai ou non a evidencia considerase probada dependendo do partido e da persoa afectada. 
Se cadra todo teña unha explicación, e que haxa medios que intoxican, e que aos que opinamos fáltanos información. Mais moitos tribunais europeos cuestionan a acción da xustiza española respecto da aplicación de lei contra unha declaración simbólica e sen violencia (que todo ollamos). 
Por se non abondase o sarampelo atinxe tamén as universidades (esperemos que só algunhas) amosando até que punto o plano Bolonia degradou os títulos ordinarios e privatizou a formación posterior. Esta reforma fíxose cun criterio elitista e se converteu nun negocio en beneficio dun segmentos do profesorado, con complicidades políticas e das clases dominantes. Son todas elas eivas que só se solucionan con transparencia e participación democrática. 

O Estado en entredito

Te puede interesar