unhas cinco mil persoas se manifestaron o sábado na Coruña

unhas cinco mil persoas se manifestaron o sábado na Coruña contra a pretensión de pechar a factoría de Alcoa. De levarse adiante esta decisión perderanse uns 400 postos de traballo directos na cidade galega, e moitos máis indirectos. A dirección utiliza como argumentos para o peche: unha tecnoloxía obsoleta, o mercado mundial, e o prezo da enerxía. Estas escusas son rexeitadas dende o comité dos traballadores que lembran os beneficios da corporación estadounidense, mentres que a a Xunta de Galiza destaca a subvencións públicas millonarias. 
Existe unha dura competencia na actividade industrial no mundo, que se agudizou coas políticas de Trump. Mais, o nivel de modernización das factorías de A Coruña e Avilés é responsabilidade da dirección da empresa, que preferiu repartir máis dividendos, que investir en maquinaria máis moderna. A este respecto os traballadores valoran que, sendo verdade que a fábrica pode mellorar a tecnoloxía, a produtividade non se viu afectada, e que non existe motivo para cuestionar a continuidade. Ou sexa, que este non sería o problema real polo que se propón o peche. 
O prezo actual da enerxía eléctrica e abusivo, tanto para empresas como para consumidores familiares. Mais se fose a razón principal para pechar as factorías, a lóxica levaría a pensar que a fábrica afectada sería a de Xove, xa que alí se realiza a transformación da bauxita en alumina, proceso no que se consume moita electricidade. Que hai de fondo en toda esta xogada? Será unha presión da multinacional para conseguir maiores subvencións públicas? Un reaxuste interno á marxe dos prezos da enerxía, como consecuencia do aumento de aranceis de Trump e da competencia internacional? En calquera destes escenarios, non é casual que agora Alcoa, e hai unhas semanas unha empresa como Povisa, utilicen métodos de presión semellantes, deixando en evidencia que se queren modificar as regras de xogo a través do “estilo Trump”. 
Non será hora de nacionalizar aquelas empresas que se valen da presión sobre o emprego, do tamaño, e do control do mercado, para impoñer condicións, a costa do futuro de milleiros de persoas? Semella que a única opción é a nacionalización de sectores como a enerxía (tamén de Alcoa e Povisa?) A planificación e un sector estatal forte é o éxito de China. Ou, como mínimo, sería necesario que a electricidade valga menos alí onde se produce, como é o caso de Galiza, tendo en conta os custes de transporte e as consecuencias sobre a industria e o nivel de vida da poboación.

unhas cinco mil persoas se manifestaron o sábado na Coruña

Te puede interesar