A lingua, máis cun xeito de se comunicar

Os dados reflicten que o galego é o idioma máis usado entre os que son propios das nacionalidades periféricas do Estado español, como lingua materna e habitual. E así, malia que as clases dominantes manteñan con el unha actitude negativa, que é determinante neste contexto de globalización e desfeita do rural, xa que agrava o problema. Máxime, cando se lle suma o victimismo dalgúns defensores do galego, como contestación primaria, xustificada, porén como resposta illada non axuda a gañar complicidades. 

O retroceso do galego como lingua habitual non responde a unha falta de amor polo país, senón a unha praxe histórica de dominio do castelán, como idioma da conquista, que se asumiu como chave para poder ser tidos en consideración, especialmente por empresarios e profesionais. A lingua propia asociase ás clases sociais subalternas, un fato de intelectuais e sectores minoritarios da burguesía. Progresar únese artificialmente ao castelán, sendo este un feito distintivo respecto do catalán ou eusquera. Asemade, o franquismo tivo neste aspecto un papel destacado, xa que afondou no colonialismo, recreou o atraso, e fomentou a emigración como recurso para desenvolver outras áreas do Estado español coas remesas de divisas.

Ademais do dereito básico a usar o galego, tamén ten un potencial económico (produción cultural, información, etc.). Por outra banda, é unha falacia que o castelán abra as portas do progreso a nivel individual ou colectivo. 

Tal como amosa o retroceso da economía galega e demográfico, o menor salario medio e a perda de peso na política no Estado español. O uso do castelán non implicou igualdade para Galiza, nen mellores condicións de vida para as clases populares, senón todo o contrario, e gran parte das empresas (as máis dinámicas) pasaron a mans foráneas. Ante todo, porque a cuestión cultural e lingüística está ligada á soberanía popular, á democracia, á xustiza social, á capacidade de decidir e negociar. 

Hoxe, dado a debilidade do argumento, asociase o castelán co inglés como a nova chave para o progreso, para obter uns empregos dignos, para ser cidadáns de primeira. 

Na práctica alentase a emigración da man de obra cualificada, a perda de capital humano, que se suma á deslocalización de empresas, fuxida do aforro, e repatriación de lucros ao exterior. Hai que aprender outras linguas, mais o respecto polo idioma propio dálle valor a un País e á súa xente, e reflicte súa capacidade para construír o futuro sen renuncias e hipotecas. Na Galiza a lingua é máis cun xeito de se comunicar.

A lingua, máis cun xeito de se comunicar

Te puede interesar