O que a investidura tamén puxo en evidencia

política estatal está marcada pola tensión permanente que o bloque da dereita quere impoñer á xestión do Goberno, así como atrancar toda medida progresista. Agora ben, na nación galega ao anterior hai que lle engadir o protagonismo crecente do BNG. Este fenómeno está relacionado cos  acordos que logrou o único deputado da fronte co PSOE para apoiar a Pedro Sánchez, dado que seu voto foi clave na investidura. 
Son uns acordos básicos, focalizados nos problemas de Galiza no eido laboral, industrial, da igualdade, lingüístico, que se nos considere no mesmo plano que Cataluña e Euskadi respecto do autogoberno, etc. Tamén se contemplan aspectos comúns en todo o Estado, como a derrogación da reforma laboral, da LOMCE, da lei Mordaza, do artigo 315.3 do Código Penal, etc. Sempre queda a dúbida se o Goberno cumprirá. En calquera caso non facelo terá responsábeis concretos e custes políticos, que non existirían sen o pacto. 
Outra das consecuencias deste acordo é que deixou en evidencia aos demais partidos de esquerda na Galiza que, tendo unha representación maior co BNG, non foron quen de poñer os problemas do país no centro do debate en todo o período que a fronte nacionalista estivo fóra do Congreso, para alén de algunhas cuestións moi especificas. Outro tanto pasoulle ao PP que foi perdendo pulo, acostumado aos “gobernos amigos”, e a realizar políticas de xestión aplicando os plans decididos en Madrid e Bruxelas. Ademais, a súa maioría no Parlamento galego permitiulle esmagar a oposición, mais a un custe moi alto, porque perdeu toda iniciativa e proxecto propio, e iso notase máis agora cando o Goberno central responde a unha coaligazón progresista, e a dirección do PP está en disputa con VOX para amosar quen é máis duro e intransixente. 
Semella que o BNG ten unha nova oportunidade para se converter nunha forza decisiva, para que o PP perda a maioría e para ser chave na gobernabilidade do País. Sempre que sexa quen de manter a mobilización social, potenciar máis referentes e ligar axeitadamente o concreto co estratéxico. Polo seu lado, coido que Podemos, EU e Anova, deberían estar máis atentos a ser quen de construír proxecto e referencias centrados na Galiza. É verdade que gobernar permite realizar melloras, porén tamén xera frustracións cando os cambios están por debaixo do que as clases subalternas esperan, máxime cando non son protagonistas activas do proceso. O que son as cousas, un deputado do BNG en Madrid está a dar pulo á centralidade das cuestións galegas no debate político. 

O que a investidura tamén puxo en evidencia

Te puede interesar