Epositivo que se reúnan Pedro Sánchez e Pablo Iglesias,

Epositivo que se reúnan Pedro Sánchez e Pablo Iglesias, aínda que non sexan boas estas escenificacións que dan pulo aos liderádegos. Os partidos deben ser estruturas de equipa, de proxecto colectivo. Deste xeito deixarían en evidencia que a democracia non é só votar, que o esencial é a participación e un amplo protagonismo do pobo. 
Da xuntanza pódese dicir que mesmo sabendo que hai abertas varias mesas nas que se están a tratar temas esenciais, dela non saiu ningún acordo de transcendencia social e política. É verdade que tanto o PSOE como Podemos declararon que ven moitas posibilidades de entendemento para un pacto orzamentario, algo básico para poder negociar cos partidos nacionalistas e conseguir que se sumen. Neste caso sobre todo gañaron tempo e Podemos volve aos medios. Na xuntanza só se avanzou en materia de ensino, respecto dos autónomos, e aspecto simbólico de retirar medalla e pensión a “Billy o neno”. A derrogación da reforma laboral, a lexislación sobre as novas formas de contratación precaria, eliminándoa e regulándoa, e a dependencia, temas que son urxentes e de moita transcendencia, fican pendentes das negociacións, e as pensións do Pacto de Toledo. 
Tampouco está claro de onde van saír os ingresos para atender as novas medidas sociais, dado que as respostas, en relación co tratado sobre a cuestión fiscal, foron ambiguas por parte do líder de Podemos. En fin, semella existir maior sensibilidade respecto dos autónomos, que no referente aos traballadores e traballadoras asalariados, dado a rápida resposta á súa problemática (por iniciativa do PSOE?). E, aínda que se fala de elevar aos mil euros o salario mínimo concreta cando, e non se clarifica se en doce ou catorce pagas, como sería xusto. Unha medida que debería vir acompañada de reducir a eventualidade a situacións excepcionais, perseguir o traballo en negro e os falsos autónomos. Neste aspecto fai falla máis medios de control, unha lexislación máis dura en materia de sancións e penas. 
Sabendo que o Goberno e os seus apoios institucionais son máis receptivos ás reivindicacións populares, a historia do PSOE nestes temas non deixa de estar chea de contradicións. Con medidas positivas para evitar a marxinalidade máis estrema, e outras de axuste salarial e nas prestacións públicas coa escusa das “necesidades” económicas ou orzamentarias. Mais todas sen modificar as bases do capitalismo. E iso deixa unha marxe moi estreita. Será agora distinto? Dependerá da mobilización e da iniciativa social. 

Epositivo que se reúnan Pedro Sánchez e Pablo Iglesias,

Te puede interesar