Repensar o urbanismo

Apesar que a explosión da burbulla inmobiliaria deixou patente as desmesuradas previsións de crecemento urbanístico; pasada unha década desde aquela continxencia causada pola disparatada Lei do Solo de Aznar, o resultado en forma de cicatrices territoriais séguese percibindo actualmente a través do cuantioso parque de vivendas sen vender, ou no seu caso, nos múltiples sectores residenciais paralizados ou inacabados; aínda así, os municipios en trámite de revisión do seu plan xenuíno reafírmanse en dar continuidade a aquel modelo sen aplicar corrección ás súas sobredimensionadas propostas, non parecendo tomar lección do acaecido, nin entendendo ao parecer, a función pública que debe cumprir o urbanismo como ferramenta de racionalización do solo.
Sendo contrastábel tal consideración, cando os responsables políticos non reparan en posicionarse a favor da irracionalidade territorial, que presupón, o feito de prestar lexitimación a aquilo que en boa praxe urbanística debesen rexeitar de plano.
Pois na actual conxuntura , ao afrontar a revisión ou redacción de toda figura de planeamento, as pautas de ordenación non debesen ser alleas ao escenario socio económico existente, sendo conveniente gardasen axuste a criterios de racionalidade territorial e sociodemográficos, que de partida, lonxe de prorrogar os estándares da época de opulencia,, haberían de reorientar o seu rumbo cara a dinámicas de “decrecemento” no contexto dunha ordenación urbana mais racional e reflexiva que defina novas lóxicas de planificación, como única opción sensata aos desatinados postulados dun crecemento sen xeito nin dereito.
Medidas que debesen tomar carácter urxente se o que se pretende é propugnar un cambio de modelo urbanístico, en suplencia do expansionismo especulativo, que ao amparo de desmedidas previsións e indebida cobertura legal do planeamento conduciunos ao actual desastre, como demostra, o feito do excedido crecemento residencial dos últimos anos de euforia do boom inmobiliario, que xerou no seu desenfreo unha contía de vivendas construídas seis veces superior ás necesarias para satisfacer a actual dinámica demográfica, sen que por tanto, exista argumentación ningunha para seguir mantendo propostas de desenvolvemento urbano, que por descontextualizadas coa realidade entran en colisión cos criterios de equidade, cohesión social e sustentabilidade que debe referendar a consecuente aplicación da teoría urbanística.
Por responsabilidade institucional corresponde ás corporacións locais como competentes en materia, darlle un xiro á planificación e a ordenación territorial, en prol de posibilitar o xurdimento dun urbanismo de novo cuño que baixo o liderado corporativo e a implantación de sistemas mais adecuados de participación cidadá, póidase establecer de forma eficiente un formato actualizado de como organizar a cidade, para así, revertendo as desigualdades espaciais existentes e neutralizando a influencia ideolóxica do neoliberalismo imperante, pechar definitivamente todo acceso ás apetencias e desexos duns axentes especulativos para os que o territorio é un simple soporte desde onde obter plusvalías derivadas da súa renda.
Se o urbanismo como instrumento político continua supeditado á hexemonía dos mercados, por máis vontade renovadora que manifesten os gobernos de progreso, nada poderán facer en cumprimento dos seus compromisos electorais, pois se a práctica dominante en materia non se erradica e mantense a especulación como forma hexemónica de facer cidade, conferindo ás administracións públicas mera función testemuñal, dificilmente poderase garantir que a xestión urbanística reverta en beneficio do interese xeral; e por tanto estarase ante un impedimento que obstaculizará cumprir con obxectivos políticos de vangarda.
Sen mediar un cambio de perspectiva con respecto á innovación política no territorio e o urbanismo, é impensable un cambio efectivo no facer municipal, pois para que tal posibilidade poida alcanzarse, mais alá de alardes de conciencia progresista, é obrigada a posta en práctica de remedios efectivos sobre ordenación do solo, que desde a transversalidade conteñan ingredientes participativos permitindo aflorar novos modelos de xestión e unha dialéctica urbanística renovada; pois sen darse esa premisa, sobra dicir, que toda retórica sobre a mutación na función política, mais que resultar efectiva acentuará a continuidade do infrutuoso.
Os experimentos desarrollistas tocaron ao seu fin, o urbanismo de século XXI ten que supoñer unha ruptura coa versión de planificación que deu orixe á explosión da burbulla inmobiliaria, tanto nos seus aspectos técnicos, xurídicos como financeiros 
En calquera caso, a situación demanda unha óptica renovada con enfoque meditado de accións sobre o territorio dirixidas a consumar unha transformación xeral do actual urbanismo, pois suposto contrario, a influencia das formulacións na reactivación económica será estéril e a continuidade da crise interminable.

Repensar o urbanismo

Te puede interesar