Xogar ao despiste?

O luns á tarde chegábame a información dunha xuntanza entre o concelleiro de cultura e a directora xeral de turismo a causa do Camiño Inglés. Falábase duns investimentos para Ferrol, noticia que evidentemente tiña que ser ben recibida. Parecía que alguén ía cumprir coa súa obriga como administración. Pero, a alegría dura pouco na casa do pobre. Eran uns actos de música e teatro. Benvidos sexan, pero da Xunta esperamos moito máis.
Esta cidade ten moitas potencialidades. O referido Camiño Inglés, asentar unha ruta modernista, o turismo naval, posibilidades dun turismo industrial que abarque ao conxunto da ría. É dicir, hai moito que podemos gañar e moito que facer. 
Está ben calquera achega, pero para iso abondaba con que a Xunta llo notificara ao Concello para incluílo no programa de festas. Quizais, vai sendo hora de que saiban que temos un dereito á cidade que esixe máis. Moito máis
 

Xogar ao despiste?

Te puede interesar