viernes 19.07.2019

XENOFOBIA

Tremendas imaxes. Miles de familias agólpanse nas fronteiras 

Tremendas imaxes. Miles de familias agólpanse nas fronteiras de Grecia e Macedonia. Veñen de Iraq, Afganistán e Siria. Non é unha casualidade. Fuxen da desgracia que lles provocaron no noso nome.  Son os “danos colaterais” das guerras “santas” patrocinadas polos EEUU e a propia Europa, na súa determinación de controlar o petróleo do medio oriente, disfrazadas de cruzada democrática.
Non é moi diferente ao que pasa na nosa fronteira sur, que temos tan asumida que non vemos máis que unha singular valla en Ceuta e Melilla. 
Grotesco é que a resposta nosa sexa mirar de canto ou a xenofobia. O de Cameron pretendendo que se denuncie aos inmigrantes como se fosen apestados é delicto de lesa humanidade. Miserable. 
O pobo de esquerdas ten que despertar. A dignidade das persoas e o respecto aos dereitos humanos son prioritarios. As responsabilidades compartidas.
 

XENOFOBIA
Comentarios