Xaquín

Se, hai algo roto en Navantia e hai quen quere furar nesa ferida, sen decatarse que hai liñas que mellor non cruzar. Pretender mandar calar a quen expresa que hai unha enfermidade nun corpo, non acaba coa doenza e máis vulnerando dereitos fundamentais. Sinalar a un traballador por usar o seu correo de empresa, para expresar unha crítica ante o futuro da mesma, é pretender atrasar o reloxo de Navantia a cincuenta anos atrás.
Seguramente hai quen non sabe que hai que dar paso ao dereito das e dos traballadores a participar no futuro de Navantia. Seguramente hai quen non sabe que da en óso duro, Xaquín García Sinde é un referente dentro e fóra da muralla. Pero, si sabe que este “potencial perigo” ao servizo dos traballadores é coherencia, integridade e defensa do mundo do traballo. Seguramente hai quen en Madrid erra porque considera Ferrol unha cidade provinciana, pero somos o principio de todo.
 

Xaquín

Te puede interesar