A vida verdadeira

Comentaba cun amigo que hai moita xente que, con esto das redes sociais, converteron a súa vida nun expositor onde pódese mirar según guste. Pero que esa visión que amosan non é a realidade, senón unha falsa vida feita de recortes para, así, inventar unha vida que non é a vida verdadeira. Esas que ensínase nos facebooks ou nos twitters son, en moitísimos casos, inventos dunha vida que non existe realmente.
Así, trasladado isto á vida política, vemos como hai quen usa as redes sociais para rodearse de catro ou cinco fans que animan os seus muros. O peor é que acaban de crerse que o que nos publicitan o poden pasar por realidade e que teñen infuenza real na nosa cidade. 
Hai casos extremos de alguén que en twitter ten a parte da súa conta outra, cun perfil falso, dende alí reenvía o que publica na anterior dicíndose o ben que o fai. En fin, non hai nada como a vida verdadeira.
 

A vida verdadeira

Te puede interesar