viernes 19.07.2019

VEREDICTO

O  noso entorno inmediato terá alcaldes socialistas en Neda,

O  noso entorno inmediato terá alcaldes socialistas en Neda, Pontedeume, Cerdido, Cariño, Ortigueira, Capela, As Pontes, Monfero, Ares, Valdoviño e Miño. Así o apunta a lóxica política e matemática. Este resultado nas comarcas do nordés da provincia da Coruña pon na man do PSdeG a Deputación, que debe ser sumada ás de Pontevedra e Lugo.
Pero, o Partido Socialista recibe unha dura derrota en Ferrol. Non hai escusas. Non hai alcaldesa, nin lista maioritaria. Toca autocrítica, responsabilidades e cumprir cos compromisos adquiridos coa cidadanía. O primeiro, que a candidata asuma o seu propio resultado, abandonando o Parlamento para encabezar o novo grupo socialista no Concello. Así, tamén, a fragmentada esquerda ferrolá debe resolver a prol da cidade, reflexionar sobre a súa fraxilidade e sacar conclusións adecuadas do ruxe-ruxe da xunta electoral de onte.

VEREDICTO
Comentarios