viernes 19.07.2019

Ás urnas

Opasado vinte de decembro a maioría da poboación 

Opasado vinte de decembro a maioría da poboación apostou por pasar ao PP á oposición, pero a Pablo Manuel Iglesias non lle valía o resultado e fixo xogo revolto. Así, unha vez máis, á xente estivo a resolver como puido os seus problemas, especialmente, dos derivados da falta de emprego e dos recortes no estado de benestar, produto das políticas austericidias da dereita española e reclamadas dende unha Comisión Europea sen alma.
O próximo vinte e seis de xuño xogámonos moito neste eido. Saír da crise, loitar contra a precariedade, recuperar empregos e salarios dignos, restablecer os dereitos e garantías que se levaron por diante as mal chamadas reformas laborais, deberan ser das primeiras medidas a tomar tras as eleccións por un goberno progresista alternativo. A ver se algúns entéranse que existe a alegría de vivir e que queremos pasar este verán sen Mariano Rajoy e a dereita no goberno.
 

Ás urnas
Comentarios