viernes 19.07.2019

Subir salarios

A neglixente xestión da dereita do sistema público de pensións levouno a perder a terceira parte do seu fondo, e a que só poida garantir estas ata finais do ano que vén.
 

A neglixente xestión da dereita do sistema público de pensións levouno a perder a terceira parte do seu fondo, e a que só poida garantir estas ata finais do ano que vén. Unha das súas fontes de financiación como son as cotizacións baixaron por mor da precariedade laboral e a baixada xeralizada dos salarios, de feito na tarta da riqueza estatal houbo un trasvase de seis puntos porcentuais que ía ás e aos traballadores ás mans da patronal. 
Descontadas as rebaixas fiscais oportunistas e os menores custes dos combustibles, é necesario mellorar a capacidade de consumo das familias, para que estas tiren da recuperación económica. 
Así, é imprescindible poñer coto aos empregos de baixa calidade e baixa remuneración. Unha aposta polos bos empregos e unha suba dos salarios son parte da receta para unha saída xusta e acertada á crise. É cousa de eficiencia económica e de xustiza social.
 

Subir salarios
Comentarios