viernes 19.07.2019

Sopapo

Dous instrumentos das eleccións xerais foron

Dous instrumentos das eleccións xerais foron as enquisas e o “sorpasso”, que acabou en “sopapo”. Vanme dicir que vexo o mundo coas miñas gafas, pero non me creo as excusas das empresas demoscópicas. Non erraron, senón que participaron da estratexia para crear un ambiente determinado, para así axudar a Pablo Manuel e a Bescansa na súa teima de liquidar á esquerda. Pero as armas as carga o demo, as empresas van ter que facer moito para recuperar un mínimo de credibilidade para o futuro. Tamén vimos como co sorpasso quén se beneficia é Rajoy, o mesmo que cando Anguita. O sorpasso non é máis que unha proposta de cohabitación coa dereita para simplemente cambiar de interlocutores, sen cambiar as políticas de fondo. Pero as cousas entán onde as e os electores queren. Podemos e as súas sucursais axustaranse as contas. No PSOE necesitan unha refundación sen baronías, no ámbito ferrolá vaille mellor cando non interfiren desde o municipal.

Sopapo
Comentarios