A solidariedade

A inmensa maioría da xente non pode escapar ás consecuencias das políticas da “austeridade”. Non hai saídas individuais á crise.
Así, mentres non entendamos a necesidade de formar unha vontade colectiva, pouco hai que facer. A solidariedade, que toma conciencia e supera o individualismo.
Dende hai moito temos decidido mirar para outro lado. Escapamos aos problemas, asumindo un trágala propio que lévanos nunha espiral de destrucción, como sociedade e como persoas.
Pero, tamén hai un movemento de base da sociedade que aposta por facerlle fronte aos recortes e perda de dereitos. Faltos de dirección, pola renuncia de partidos e sindicatos que seguen aspirando a vivir da negación da política, e conformando unha casta allea á xente común. Necesitamos dunha nova reformulación da tradición que recupere o valor da solidariedade. Este é o principio creador.

 

A solidariedade

Te puede interesar