Sempre Recimil

o barrio de Recimil non ten boa sorte, a maioría das noticias que temos as e os ferroláns na memoria son en negativo. Non é culpa da xente que vive nel. Fundamentalmente, é causa dunha incapacidade –case xenética– da mal chamada “clase” política local. Incapaz por chegar ao Concello sen unha idea de cidade, para cando máis se teñen que dar valor a este céntrico barrio, na que moitos buscaban xustificar -hai uns anos- a súa demolición para especular.
Ser conexión entre Esteiro, o centro e os Ensanches. A súa praza de abastos, os espazos interiores, ou o propio colexio de Recimil son valores a reivindicar. Lonxe queda a ilusión de plans socio comunitarios e censos varios. 
A desidia, das diversas administracións e dos sucesivos gobernos locais, é responsable do que acontece. As “okupacións” e os problemas de convivencia son produto de quen non asume a súa función como administración.
 

Sempre Recimil

Te puede interesar