SANEAMENTO

Estes días, o concelleiro de Servizos informaba de que se solicitara un informe xurídico para facer fronte á taxa do saneamento. 
Feito que hai que saudar porque, tanto comuneiros como socialistas, teñen o compromiso de retirar a tan polémica taxa imposta anteriormente polo PP. Tamén, o novo alcalde de Ferrol vén de reunirse co seu homólogo naronés e técnicos de Acuaes e de Augas de Galicia para falar de como crear un modelo mancomunado da xestión dun saneamento que vai atrasado. 
Fronte á pretensión da Xunta de Galicia de evadir as súas responsabilidades e trasladar estas ao Concello de Ferrol, compre a súa implicación nesta xestión tan complexa e necesaria. 
Así, cun acordo mancomunado e coa administración galega, e posto en funcionamento, quedaría buscar saídas para as empresas asentadas na ría. Excepto Megasa, a maioría carece de depuración propia.
 

SANEAMENTO

Te puede interesar