jueves 18.07.2019

Relevos

Dicía Bensaïd de Marcuse que este consideraba que as clases traballadoras coa súa integración

Dicía Bensaïd de Marcuse que este consideraba que as clases traballadoras coa súa integración, perderan o seu papel histórico a prol de sectores como os estudantes ou as mulleres. Consecuente, seguramente, coas advertencias de Luxemburgo sobre as dificultades e os perigos de inmobilismo que hai, dado que só é posible reforzar a vontade de cambio dende a loita cotiá dentro dos límites do sistema, a pesar da necesidade de superar esa mesma orde social.
Precisamente, o camiño cara á igualdade e a democracia reais é unha suma de esforzos, así o importante non é o suposto liderado senón saber que este vai de relevos. 
Por iso, fronte á inercia do relato masculino do Estado e de aqueles que temen perder o seu poder, incluso nos propios sindicatos, a importancia do día oito (ou a do dez de marzo), non reside na nostalxia, senón na renovación e nun relevo que suma a máis da metade da poboación.
 

Relevos
Comentarios