Rajoy en Brasil

anda Rajoy presumindo por Brasil da súa “boa xestión económica” e a volta ás oportunidades. Á marxe de que el si perdeu unha boa oportunidade para dirixirse ás empresas brasileiras en galego, creo que tamén está a perder a oportunidade de tirar dos informes sobre vulneralidade, feitos pola Cruz Vermella e que reflicten as consecuencias nas nenas e nos nenos dos recortes sociais. 
Dende esta entidade traballaron con máis de cinco mil nenas e nenos de 8 a 14 anos de toda España. Ao 62 por cento preocúpalle o desemprego dos seus pais, ao 49 por cento a falta de cartos e ao 43% a pobreza. Así mesmo, a situación socialaboral afecta á súa alimentación, vivenda, calefacción, oportunidades culturais e de ocio. 
En Galicia, o 17% non chegan a fin de mes, e de feito un 48% das nenas e nenos -en risco de exclusión na nosa terra- din que non teñen para vivir (non podendo pagar casa nin as actividades extraescolares).
 

Rajoy en Brasil

Te puede interesar