Martes 18.06.2019

Presos

Ás veces éntralle o sentido común a nosa Xustiza e parece que fai honra do seu nome.

Ás veces éntralle o sentido común a nosa Xustiza e parece que fai honra do seu nome. Lembran a aqueles que consideránbanse de seu os donos de Galicia. Que xestionaban os nosos cartos e decidían, co seu bo e altruísta facer, o que consideraban para o ben común? Eses que decidiron fusionar as nosas Caixas co aval da Xunta, pois desde o luns están xuntiños na cárcere da Lama. E de bo e altruísta facer, nada. Están por ser desleais coas Caixa Galicia e Vigo. 
Supoño que os preferentistas veranno como algo tardío ou incluso colateral, esta xente están en prisión polo que se levaron no peto. Tamén é un torpedo na liña de flotación á política económica da Xunta, que cuestiona o seu papel na fusión, na quebra e tamén na venda a prezo de saldo á banca caribeña. Estamos no comezo, outras persoas seguirán aos ex directivos, e seguro que tamén irá algún coñecido político. É de xustiza.
 

Presos
Comentarios