lunes 18.11.2019

Pobres

Comezamos o ano sabendo que Ferrol ten a taxa de risco de pobreza máis elevada das grandes cidades galegas.

Comezamos o ano sabendo que Ferrol ten a taxa de risco de pobreza máis elevada das grandes cidades galegas.
Os nosos ingresos son os máis baixos e preto dun 40% da xente vive só das prestacións sociais e a metade das familias teñen algún tipo de axuda.
Os que teñen unha situación económica normal son, fundamentalmente, os traballadores directos de Navantia e xubilados. A maiores, a cuarta parte da poboación ten máis de 65 anos.
Si, hai varias décadas de derrube da cidade. Pero, tamén, xa vemos cales son os efectos da xestión do PP. Estes días asistimos ao peche xeneralizado das compañías do naval. Máis exclusión e máis xente condenada a marchar.
Este goberno municipal tivo os cartos do Concello inmobilizados para xustificar un “plan de axuste”. Agora pretende confundir xestión con cemento. Pero a xente é o importante. Provocar desacougo conduce a Burgos.

Pobres
Comentarios