Martes 18.06.2019

Plan Besteiro

A reforma laboral do PP supón a introdución xeralizada da precariedade. Busca desarmar calquera tipo de defensa posible dos traballadores e basear a competitividade na sumisión, a degradación do sistema de traballo e a baixa dos salarios.

A reforma laboral do PP supón a introdución xeralizada da precariedade. Busca desarmar calquera tipo de defensa posible dos traballadores e basear a competitividade na sumisión, a degradación do sistema de traballo e a baixa dos salarios. Alenta, en definitiva, o despotismo patronal e unha economía de baixo perfil. A isto hai que sumarlle uns xuíces que, debido á súa maioritaria visión conservadora, están a producir moitas sentenzas contrarias aos dereitos dos traballadores. Pero, a ruptura dos equilibrios reforzan aquela máxima marxista de que as leis defenden unicamente os privilexios da clase dominante. Rechamante é que a resposta dos sindicatos non sexa a esperada, máis preocupados eles por salvar os seus mobles. Quizais, por iso a proposta do actual secretario xeral do PSdeG-PSOE veña como aire fresco: vincular a concesión dos contratos das Administracións a que as empresas beneficiadas respecten os dereitos dos traballadores, o número de indefinidos, as súas condicións de traballo e uns salarios dignos.  

Plan Besteiro
Comentarios