Miércoles 26.06.2019

París

A cidadanía francesa merece toda a nosa solidariedade. Sabemos do sufrimento que produce o terrorismo que usa a relixión como escusa e ideoloxía fascista.

A cidadanía francesa merece toda a nosa solidariedade. Sabemos do sufrimento que produce o terrorismo que usa a relixión como escusa e ideoloxía fascista. Máis, non debemos caer nas trampas do Daesh, nin de aqueles que entre nós apostan por recortar as liberdades, para así eludir a lexítima protesta contra os recortes sociais.
Ser inmigrante, refuxiado ou europeo musulmán non é relevante na cuestión que nos ocupa. A inversión en educación e sanidade públicas, a inversión en vivenda, empregos e salarios dignos son a mellor ferramenta para a integración e a concordia. Máis benestar e democracia son a resposta ao terrorismo.
Non á guerra. Seguridade común si, pero dentro do estado de dereito. Por iso, hai que desbotar a influencia dos “lobbys” económicos, denunciar todo tipo de neocolonialismo e o máximo respecto á diversidade cultural e á soberanía dos pobos.

París
Comentarios