PACO VÁZQUEZ

Estes días presentábase na Coruña o partido da dereita liberal do catalán Albert Rivera, o seu “Movimiento Ciudadano”.
Realmente, xa antes un dos avogados da Infanta, o señor Roca, intentara algo parecido co seu “Partido Reformista”. No caso que nos ocupa, vén adobado con esencias españolistas de novo cuño.
É dicir, sería máis do mesmo, senón fose pola presenza de Paco Vázquez. Quizais por iso choca a pretendida mensaxe de Ciutadans e da súa sucursal contra a vella política e a partitocracia. O ex embaixador non representa o máis rancio da política española? Onde está a renovación e a nova cultura política que din representar?
Os socialistas débenlle dar as grazas a Paco Vázquez por apoiar a este novo partido.
A súa actitude implica, segundo os estatutos do PSdeG, unha baixa fulminante. Adeus, Paco Vázquez. Os socialistas soltan lastre. Volve o PSdeG.

 

PACO VÁZQUEZ

Te puede interesar