jueves 18.07.2019

OFFSHORE

Ai! Como somos a xente común, nós pensando 

Ai! Como somos a xente común, nós pensando que iso do “offshore” eran artefactos que facían en Astano. Non temos mundo e así vainos neste baile de danzantes que provocaron a crise. Con razón fixéronnos modificar o 135 da Constitución, cómo somos tontos, tócanos pagar as súas débedas. Mentres, eles que seguen a pedir máis privatizacións e máis precariedade laboral, cómo bos empresarios e patriotas, creaban contas “offshore” -agora si- para facer caixa. E a maiores a amnistía fiscal de Montoro. Que nos queda á xente común? Cumplir e sufrir a crise. Preguntáronlle a Rajoy porque os españois ían pagar o ive que eles non pagaron na reforma da súa sede central, a resposta foi clara. Porque o di a lei. Ten razón, xa a que lei reflicte a relación de forzas da sociedade e nela a clase dominante impón as obrigas e o seu dominio sobre a maioría da sociedade. Eles si que son “plenamente” marxistas.
 

OFFSHORE
Comentarios