Obsesións neocons

A obsesión pola igualdade foi un dos grandes males endémicos do ensino, convertido nunha máquina de xerar parados e no que sobran universitarios que deben ser trasferidos á formación profesional”. Quen fai esta afirmación é un exdirectivo de Merrill Lynch, vinculado a unha fundación da banca española. Novamente, veñen a nós propoñer unha serie de reformas que buscan a desaparición do ensino público e aumentar a precariedade laboral. 
Deixemos claro algunhas cuestións básicas. Temos unha organización da economía e das empresas obsoletas, que obedece máis a cuestións ideolóxicas e a aceptación dun papel subsidiario dentro da Unión Europea e que explican a falta de liderado da gran patronal española e o seu carácter clientelar. Así, tamén, por eficiencia económica e organizativa, e por coherencia democrática, toca que as e os empregados participen da xestión directa das grandes e medias empresas.
 

Obsesións neocons

Te puede interesar