Martes 18.06.2019

O mundo segue

oubo quen creeu que preguntarlle ao entón candidato, Ángel Mato, polas obras da praza de Armas restáballe, pero nos seus votantes non é unha cuestión polémica. Para el é unha reforma sen perigo e que vai beneficiar á Magdalena. Realmente, foi este un elemento introducido en campaña polo PP fronte ás outras dereitas, cando inicialmente parecía que o daban como un feito consumado.
O certo é que a desaparición do aparcadoiro subterráneo non trouxo problemas engadidos. Quizais, agora, resulta un pouco chocante que algún intente botar en cara a desaparición do de Porta Nova, cando este levaba dous mandatos á man de deus. 
Pasaron as eleccións municipais. Estaría ben un chisco de consenso, implementar sinerxias e abandonar o ruído (que tan lonxe está das preocupacións reais da cidadanía). É mellor remar xuntos, que negarlle a Ferrol a posibilidade de sumarse ao novo concepto de cidades para ser vividas.

O mundo segue
Comentarios