Non foi posible a unidade

Ferrol deulle máis da metade dos seus votos a Sánchez e, de seguir co seu criterio, había que ir a listas unitarias nas asembleas e congresos provinciais, respectando o reparto que fixera a militancia. Isto non foi posible aquí. Só a xente que traballou no equipo local do entón candidato -encabezado por Eva Martínez- apostaba por cumprir co criterio do líder do PSOE, chegando incluso a retirar a súa proposta para buscar o entendemento.
Ferrol non pode quedar fóra destes novos tempos. Abramos unha nova etapa que rache coa esterilidade na que está a Agrupación Local. Un novo discurso, outra forma de entender e facer política, xente que aposte por rachar ca insolvencia dos vellos bloques. Si,  Ferrol -con acertos e desacertos- está marcado pola impronta do PSdeG. Chegou o tempo de oír á militancia, de volver a apostar pola cidade. Renovada e viva. Por iso tamén votamos a Pedro Sánchez.
 

Non foi posible a unidade

Te puede interesar