Nadia

O que non quero é falar en concreto do caso desta nena, e de se foi unha montaxe do seu pai para coa súa enfermidade facer caixa e vivir ben, ou de se a súa nai estaba ou non no allo, ou incluso de se –finalmente– existe tal enferminade ou se é o seu pai biolóxico ou non. 
Creo que hai que deixar traballar á xustiza e, en calquera caso, garantir os dereitos e benestar da nena, lonxe dos focos mediáticos e xudiciais o máis posible.
Este caso vai influír no curto prazo noutros. Na capacidade de darlles resposta adecuada. 
Quizais haxa que empezar por aí, porqué hai nenas e nenos enfermos qué están fóra da cobertura da Sanidade Pública, expostos nas televisións, dependendo de cómo saiban facer as súas familias, máis nos casos de enfermidades raras, sempre á espera das ansias comerciais das farmacéuticas. Aquí non valen recortes, si esixir a implicación directa das Administracións.
 

Nadia

Te puede interesar