lunes 14.10.2019

Municipais

As eleccións locais

As eleccións locais son moi especiais por dous motivos. Porque, son as que os cidadáns viven máis de preto, e porque, historicamente –na Europa occidental– a tradición rebelde dos pobos comeza enfrontando ás cidades e vilas contra os poderes despóticos.
Son nas que as e os cidadáns soen coñecer directamente aos candidatos/as e esíxenlles solucións viables aos seus problemas inmediatos. Á marxe de que, no noso caso, aos de “Ferrol en Común” de Yolanda Díaz haiba quen os confunda cos da “Marea Ártabra”.
Os electores non son xentes irresponsables, nin masoquistas. Nin unha campaña ou enquisa substitúe un resultado electoral. Simplemente, recóllese o sementado ao longo do tempo. Ademais, para cambiar un goberno municipal a alternativa ten que ter credibilidade e capacidade de liderar un novo proxecto de cidade. O 24 de maio a veciñanza dará o seu veredicto.

Municipais
Comentarios