jueves 17.10.2019

MERCADOS

O goberno municipal do PP vén de recoñecer que pretende cede

O goberno municipal do PP vén de recoñecer que pretende ceder a xestión do Mercado de Caranza, é dicir, privatizar outro ben da cidadanía, pero a maiores que a remodelación e a garantía dos beneficios sexan a cargo das arcas municipais. Un choio: os beneficios para o peto empresarial, os custes para nós.
A menos de catro meses das eleccións municipais, cando non tiveron ningunha présa durante o presente mandato, non sería mellor que nos temas que condicionarán á vindeira corporación, se busque o consenso ou unha xestión política sen cargas para o futuro?
Seguen a pretender cortar todo tipo de actuación no futuro polas esquerdas ou, simplemente, estamos na idea duns patrimonios e dereitos dos ferroláns como negocios? E isto outra aplicación da reforma local do PP, para privatizar todos os servizos municipais, ao servizo dunha nova burbulla financeira?

MERCADOS
Comentarios