miércoles 20.11.2019

Guerra Santa e Civil

Solidariedade e afecto con Ignacio Echeverría e a súa familia

Solidariedade e afecto con Ignacio Echeverría e a súa familia, cando aínda estamos a espera dunha resposta axeitada das autoridades británicas tras os ataques de Londres. Pero, tamén hoxe é un día especial para o Reino Unido, andan en eleccións e preocupándonos cando escoitamos á neglixente primeira ministra May, sobre a “tolerancia co extremismo” e a posibilidade de violar os dereitos humanos para combatir aos seus terroristas nacionais.
Estes últimos son os únicos culpables de tanta dor, non teñen perdón nin do seu Deus. Mais, si hai axudas que alimentan a estes energúmenos. “Radicalismo” tamén é provocar sociedades duais, unha minoría de ricos fronte a bolsas de marxinación que acaban dando soporte ao integrismo. Ese é un dos problemas. Capas importantes da poboación dando cobertura a unha especie de guerra civil “de baixa intensidade”. Esperemos que chegue Corbyn, para mudar isto.
 

Guerra Santa e Civil
Comentarios