viernes 19.07.2019

O globo

Quizais sexa mellor apelar ao humor, dada que fráxil

Quizais sexa mellor apelar ao humor, dada que fráxil é a memoria e que insubordinado é o pensamento! Lendo no xornal isto dos globos volvíame a resoar aquela vella canción infantil: “Un globo, dous globos, tres globos... a lúa é un globo que escapou de min. Un globo, dous globos, tres globos, un conto, dous contos, tres contos...”. Vivimos tempos duros e aquelo que valía hai cinco segundos queda superado polo devir apurado da realidade, que resolve a cuestión como menos un espera.
O perigo de todo isto é que a xente canse, que se poñan de costas e prefiran recluírse –porque xa teñen bastante– nos seus problemas. Un pouco de sentido común, un pouco de empatía coa cidadanía, saber que todo ten principio e fin debera formar parte do aserto cultural da política local. Hai un Ferrol que está vivo, que ten que resolver os seus problemas día a día. Un Ferrol que non pode esperar.
 

O globo
Comentarios