jueves 23.01.2020

Ferrol

Négome a resignarme, a ver esmorecer á cidade, a aceptar a indolencia de quén non a sabe representar. Négome a aceptar que a maltraten para así vivir á súa costa.
 

Négome a resignarme, a ver esmorecer á cidade, a aceptar a indolencia de quén non a sabe representar. Négome a aceptar que a maltraten para así vivir á súa costa. A pesar de tantos golpes, négome a crer que esta sexa unha cidade sen solucións, agardando qué outra porta vaise pechar nas nosas rúas. O espectáculo vivido estes días ten que servir para que definitivamente tomemos partido. Para que dunha vez sumemos as forzas de aqueles que queren, si, un Ferrol vivo.
Esta é máis que unha cidade, é un xeito de sentir e de estar no mundo. Merece que sumemos, que a rexeneremos e nos volvamos a levantar do chan. Esta é a cidade do pobo de esquerdas, das primeiras sociedades obreiras, da república e das loitas polas democracia e o socialismo. Temos a forza necesaria para comezar de novo, para debullar a cidade soñada. Hai setenta mil razóns para persistir. Ferrol si ten solución.
 

Ferrol
Comentarios