Miércoles 20.03.2019

Ferrol mola

Fronte ao desacougo instalado en amplos sectores de Ferrol, esa quietud 

Fronte ao desacougo instalado en amplos sectores de Ferrol, esa quietud que deixa pasar a vida como se nada pasase nas nosas vidas, o mellor é a construcción dun novo relato común que faga do optimismo, a reflexión e a acción por esta cidade o noso mellor patrimonio. 
Necesitamos reiventar a cidade, adaptala ás nosas inquedanzas e necesidades e facela cada día máis nosa. Non somos un erro da historia. Seremos o que queramos ser. Por iso Ferrol mola, lembran esta pintada nas paredes?
Temos ata o 20 de marzo para decidir cal é o noso espazo da cidade que queremos rehabilitar e humanizar. Esta é a proposta do Foro Ferrol Vivo, a través de “selfies” ir mirando cada recuncho que queremos poñer en valor. Non quedará en saco roto, xa que formará parte das súas seguintes xornadas e, de aí, seguro que saen propostas que nos permitirán recuperar ese e outros espazos, por un Ferrol vivo.
 

Ferrol mola
Comentarios