Fegamp

O sábado nomeouse a nova dirección da Federación Galega de Municipios e Provincias. Ten a virtude de visualizar a realidade do reparto que as e os cidadáns decidiron o 25 de maio. 
A directiva soe reflectir o poder municipal de cada quén. Así, os socialistas conseguen a presidencia –ata hai pouco en mans de José Manuel Rey Varela– e a vicepresidencia executiva. O PP a vicepresidencia primeira e o BNG a vicepresidencia segunda.
Houbo un intento das Mareas de desplazar a un BNG de máis peso electoral, apoiándose nos votos alleos de TeGa e outros. Os socialistas cederon parte dos seus votos, afianzando ao Bloque, para así respectar o saído das urnas. Aquí só había por parte das Mareas ocupar o que non lles correspondía, nada da “nova política”. Isto, unido a un Noriega á dereita da socialdemocracia, dá un perfil diferente de aqueles que se din “rupturistas”.

Fegamp

Te puede interesar