Fake News

Dirán que son un friki, pero eu estou subscrito ao canal do Concello para avisos vía “guasap”. E máis, porque a xente que me coñece sabe que odio esta “aplicación”. Pero, foi así como coñecín o desmentido de que novamente a auga de Ferrol non valía para consumo, era unha falsa noticia difundida estes días polas redes sociais. Iso que agora, pomposamente, chaman “fake news”. E ese é o problema, a difusión de cousas falsas co ánimo de crear problemas.
Así tamén, hai uns días chegoume -tamén vía whatsapp- unha que aseguraba da necesidade de solicitar ante a Seguridade Social a actualización das pensións das viúvas sen máis ingresos. 
Así que como bo fillo presenteime -incauto de min- co impreso correspondente na esquina da rúa Catalunya, a carón da praza de España, e non vexan que cara de parvo se me tivo que quedar cando a funcionaria contábame que a aplica de oficio a propia Administración.
 

Fake News

Te puede interesar