miércoles 03.06.2020

Factura eléctrica

luns, de sete a oito da tarde, tivemos o prezo máis alto deste

luns, de sete a oito da tarde, tivemos o prezo máis alto deste ano da luz para as economías domésticas. Este máximo anual non é froito da oferta e da demanda, senón dun sistema que fomenta a especulación, por unha puxa que usan as eléctricas onde o último operador que oferta enerxía pon o prezo ao nivel máis alto posible, leváronse pola borda os beneficios dese sector da cidadanía que se ten vinculado ao bono social.  
Así tamén, as industrias -máis as electrointensivas- sofren o oligopolio eléctrico, agravado coa directriz europea de acabar coas bonificacións do sistema da interrumpibilidade ao consideralas subvencións encubertas. 
O certo é que queda no aire que vai pasar con eses cincocentos millóns de euros que recibían até agora as industrias, e que as empresas eléctricas reclaman para si. As familias, e a economía produtiva, necesitan de prezos razoables e estables.
 

Comentarios