Eva Martínez

O proceso de asembleas locais das e dos socialistas acaba. É lexítimo que toda/o militante poida aspirar a ir ao Parlamento Galego e moito máis xusto se hai unha necesidade política e o teu propio traballo avala a túa candidatura. Así mesmo, creo que a recente asemblea do socialismo ferrolán venlle ben ao partido e a Ferrol. Non é froito da casualidade, nin todos os problemas están resoltos, pero si é certo que se presenta a agrupación unida contra a dereita. Si, todas as propostas están por algún motivo. Pero por dereito propio a xornalista Eva Martínez fíxose un oco. Representar ao socialismo ferrolán, todo o seu traballo como secretaria galega de igualdade, ser responsable desta parte do programa electoral para ás autonómicas e antepoñer os intereses da cidade e de Ferrolterra aos seus, convertérona nun dos referentes en Ferrol e no conxunto do PSdeG. O proxecto chamado Ferrolterra rexurde cando sangue nova flúe de seu, xente solvente que supón defensa do noso e renovación.

Eva Martínez

Te puede interesar