viernes 19.07.2019

EQUIPO DE CAMBIO

Este martes pasado foi un día importante para as e os socialistas, onde ademais o PSdeG fixo “doblete”.
 

Este martes pasado foi un día importante para as e os socialistas, onde ademais o PSdeG fixo “doblete”. Por unha parte, a primeira mobilización arredor das e dos novos candidatos incluídos nas listas electorais para as eleccións xerais do vinte de decembro, en todas as cidades do país e, pola outra, as xornadas galegas contra a violencia de xénero no rural, en Compostela. 
Renovación e cambio que, en Ferrol e comarca, ten nomes como o do exconcelleiro Ángel Mato, o da coordinadora comarcal Victoria Gómez e a do voceiro de Cabanas, Delfín Feal. 
Ás xornadas galegas asistiron máis de medio centenar de concelleiras socialistas, participando a executiva federal do PSOE da man de Carmen Montón, así como a deputada autonómica Macu Acuña, sendo organizadas pola ferrolá e dirixente da executiva galega, Eva Martínez. Vento fresco nun novo tempo socialista.
 

EQUIPO DE CAMBIO
Comentarios