Miércoles 26.06.2019

Equidade

A base da integración reside na equidade, no reparto da riqueza 

A base da integración reside na equidade, no reparto da riqueza e na xustiza social. Así vemos como a economía española creceu o ano pasado máis dun tres por cento, pero o reparto dese beneficio é amplamente desigual. Hai máis dun dezaoito por cento de persoas que, a pesar de ter un traballo, non saen da pobreza. A precariedade laboral aumenta, a taxa de cobertura por desemprego non deixa de reducirse e os incrementos das pensións, por exemplo, son ridículas. 
Todo isto dentro dunha suba cada vez máis xeral da cesta da compra, que é outro indicador máis da necesidade de aumentar os salarios. Como afirman desde o eido sindical o obxectivo é un aumento da calidade de vida das e dos traballadores que permita reforzar o crecemento económico, facéndoo máis equilibrado e xerador de emprego de calidade, reducila pobreza, a desigualdade e colaborar á suba dos recursos da Seguridade Social.
 

Equidade
Comentarios