ENTULLOS

Estes días sorprendíannos coa emisión en directo da detención do señor Rodrigo Rato. E por se non o tíñamos claro co caso Bankia, o gran deus do capitalismo español ten os seus pés na lameira, dende hai décadas. Iso fai moito máis ridículo a pretensión do PP de afastalo do seu carón.
O caso é que a xestión de Rato, baixo o paraugas de Aznar, ímola pagar durante moito tempo e a un prezo moi alto.
Debéramos tomar exemplo de Grecia que vai auditar a súa débeda e chamar a declarar aos dirixentes europeos implicados nesta estafa.
Mentres, aquí pagamos a crise do ladrillo cunha perda evidente de nivel de vida e agresións aos nosos dereitos.
Por iso, alporízame algo que me contaban dunhas inmobiliarias locais que no alugueiro de pisos, a parte de avaliar a túa situación económica, pagar por adiantado a correspondente fianza, agora che piden que leves un avalista.

 

ENTULLOS

Te puede interesar