Ensanches Vivos

oxe hai un ano presentábase aos medios de comunicación unha nova achega cidadá, o Foro Ferrol Vivo. Unha agrupación progresista de veciñas e veciños, cuxo eixo común é a paixón por esta cidade. Un traballo a favor, propositivo, a contracorrente, contra a melancolía e un chamamento á acción colectiva. Unha aposta por unha cidade viva, pola cidade moderna. Camiño Inglés, modernismo, Patrimonio da Humanidade, peonalización, unha aposta por cada barrio. Igualdade e europeísmo Así, este sábado á mañá no Centro Cultural Carvalho Calero unhas xornadas por un Ensanche A vivo. O barrio do Inferniño a debate, quizais o principal receptor de migrantes vidos de moitos lares e un motor económico da cidade. Coa súa voceira Eva Martínez, e poñentes como o concelleiro Álvaro Montes e xentes do movemento veciñal e artístico como Alejandro Dopico, Armando Lema, Soledad Lucero e Eduardo Hermida.
 

Ensanches Vivos

Te puede interesar